En colaboración con Safely, división de consumo da empresa californiana Location Labs, Movistar lanza o servizo Aquí estoy, que permite aos cabezas de familia saber dende a web ou o móbil onde están os seus seres queridos, grazas ás posibilidades que achega a xeolocalización dos dispositivos móbiles (que será máis precisa no caso de móbiles que integren GPS).
O servizo pode localizar ata 5 teléfonos móbiles de Movistar dunha única conta por 6 euros/mes e non só permite a súa consulta en tempo real, senón que tamén conta coa opción de programar alertas de localización ou de consulta dun historial de localizacións.
É posible acceder a Aquí estoy dende a súa páxina web ou a través da súa aplicacións para Android ou da webapp para iOS.
Movistar estrea un servizo familiar de xeolocalización baseado nos móbiles
Compartir Este Artigo
