
Segundo conta a plataforma profesional galega que preside Fernando Suárez, a idea destes galardóns é pór de relevo a importancia da filosofía do Open Data (ligada ao software libre na súa defensa do coñecemento accesible e libre) como factor a prol do emprego e a riqueza.
Estes beneficios do coñecemento aberto son posibles grazas ás posibilidades que pon en xogo para a aparición de oportunidades de negocio para emprendedores que poderán, en virtude desta filosofía-metodoloxía, crear novas aplicacións, servizos e produtos. De feito, outro dos obxectivos complementarios deste galardón é potenciar ao máximo o espírito emprendedor na nosa terra. “O futuro”, engade o CPEIG ao fío desta cuestión do potencial de riqueza económica e innovación, “encamíñase na dirección de modelos de negocio online que evolucionan constantemente para satisfacer a inmediatez e a personalización da demanda actual”.
A dotación do premio é de 600 euros para o proxecto gañador, 400 euros para o segundo clasificado e 200 euros para o terceiro.
Aberto o prazo para presentarmos unha candidatura ao Premio Open Data do CPEIG
Compartir Este Artigo
