A primeiros de mes presentábase o Samsung Galaxy S III como un móbil que ve e escoita ao usuario, que procurará converterse no referente no mercado durante os vindeiros meses, cunha impresionante pantalla Super AMOLED de 4,8 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, cámaras de 8 e 1,9 Mpíxeles, NFC, batería de 2.100 mAh e un grosor de 8,6 milímetros; e a espera está a piques de rematar, pois mañá mesmo vai pórse á venda este móbil en España a través dos principais operadores de telefonía móbil e incluso en numerosas cadeas comerciais (que venderán o móbil libre), deixando clara a alta demanda que vai ter este terminal.
Vodafone ofertará o Galaxy S III nas súas 2 cores por prezos que parten dos 0 euros coa tarifa @XL (80 euros/mes) e incluso permitirá que os que teñan un Galaxy S II poidan entregalo a través do plan Re-Estrena e facerse cun Galaxy S III por 0 euros coa tarifa @L. Para celebrar o lanzamento, 6 das tendas españolas do operador británico venderán o móbil a partires das 19:00 horas (aínda que tamén estará dispoñible na tenda en liña da compañía).
Movistar tamén comezará a vender o móbil nunhas poucas tendas mañá, para chegar a toda a súa rede comercial o 1 de xuño, podendo conseguirse descontos no móbil segundo os puntos que se teñan acumulados, mentres que os novos clientes poderán facerse co Galaxy S III por 638 euros financiables.
Pola súa banda, Orange oferta o móbil por prezos que van dende os 89 euros (de adquirir o terminal na súa tenda en liña) ou de 99 euros (de adquirilo en tenda física coa tarifa Delfín 79).
Mañá chega a España o Samsung Galaxy S III
Compartir Este Artigo
