En YouTube podemos ver o novo anuncio de Coca-Cola, no que aparece Blusens (curiosamente tamén nun vídeo de Google)Co gallo da Eurocopa 2012 que terá lugar o vindeiro mes de xuño en Polonia, Coca-Cola presentou onte o seu anuncio A por ellos para televisión e Internet, que busca transmitir esperanza na conxuntura económica actual, para o que recolle numerosos momentos que pretende que sirvan de inspiración, como a marea branca que limpou as costas galegas tras a catástrofe do Prestige, numerosos actos de solidariedade (como a doazón de sangue e órganos ou o labor asistencial da Cruz Vermella) e incluso a aposta pola tecnoloxía para saír da crise, que curiosamente apareceu representada pola compañía compostelá Blusens. Durante o segundo 34 do anuncio podemos ver a José Ramón García, presidente executivo de Blusens, na planta automatizada de ensamblaxe de televisores en Santiago de Compostela. Deste xeito destacan a Blusens como exemplo de empresa tecnolóxica española que incrementa as súas vendas; un breve instante que supón todo un recoñecemento para a traxectoria empresarial da compañía.
Anuncio de Coca-Cola no que podemos ver a Blusens como exemplo de empresa de éxito