
Para A Mesa, unha das entidades promotoras da iniciativa, as vantaxes que xeraría o feito de termos a posibilidade de empregar o .gal serán moitas e variadas. “Todos os beneficios que xere no futuro o rexistro de dominios serán reinvestidos en iniciativas que promovan as novas tecnoloxías en galego, segundo figura no proxecto que avaliará a ICANN”, informa a plataforma que preside Carlos Callón. Segundo se nos recorda, o prazo para a estimación da nosa candidatura (que se suma a outras moitas procedentes dun bo número de recantos do mundo) é de arredor dun ano. De superar o exame e de entrar na primeira quenda de avaliación, o .gal podería estar xa activo e dispoñible a finais de 2013. “Este logro”, sinala a Mesa, “será posible grazas ao soporte dos máis de 100 socios de puntoGAL , do apoio dos máis de 12.600 internautas que asinaron en liña, das institucións que o secundaron e do traballo desinteresado da directiva”.
A Mesa confía en termos o .gal antes de que remate 2013
Compartir Este Artigo
