A adopción de Android 4.0 está a ser moito máis lenta do desexable para moitos usuarios de móbiles con Android, pero por fortuna existen desenvolvementos á marxe dos fabricantes de terminais que facilitan tal actualización, como CyanogenMod, que vén de anunciar que a versión 9.0 das súas ROM para móbiles chega á súa primeira versión candidata, o que permitirá que un total de 37 modelos de móbil poidan dar o salto de Android 2.3.7 a Androd 4.0.4.
Estariamos ante a primeira remesa de ROM cun núcleo do sistema operativo estabilizado, polo que xa estaría listo para o seu uso pola meirande parte de usuarios, aínda que os usuarios menos impacientes e máis prudentes poderían querer agardar unhas semanas á chegada da versión final dunha actualización para os seus móbiles (rooteados) que permitiralles ter o seu terminal á última.
CyanogenMod permite actualizar 37 modelos de móbil a Android 4.0.4
Compartir Este Artigo
