O anuncio de Jelly Bean celebrouse no Googleplex coa tradicional estatua dun androideGoogle anunciou hoxe o Android 4.1 Jelly Bean, actualización do seu sistema operativo móbil que sairá a mediados de xullo para dispositivos como o Galaxy Nexus, o Motorola Xoom, o Nexus S e o novo Nexus 7, e que inclúe numerosas novidades como unha mellora global no seu rendemento (conseguindo unha interface gráfica máis fluída), a redistribución intelixente de elementos no escritorio, ditado de voz mellorado e dispoñible fóra de liña, accesibilidade mellorada, unha aplicación de cámara mellorada, potenciación de Android Beam (permitindo enviar fotografías e vídeos con só tocar os dispositivos, o que tamén serviría, por exemplo, para sincronizar o móbil cuns altofalantes), grandes avances na xestión de notificacións (que permitirá cousas como pospor un recordatorio ou responder a unha chamada perdida directamente dende o panel de notificacións), buscas melloradas (que identifican mellor o que buscamos), Google Now (nova funcionalidade de busca que emprega o noso historial, a localicación e a hora para poder achegar uns resultados intelixentes), cifrado de aplicacións, actualizacións de aplicacións intelixentes (só será preciso descargar a parte que precise actualizarse) e mensaxería na nube de Google.