Investigadores da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M) están a aplicar a estereoscopía na gravación de exercicios de fóra de xogo para que a FIFA os empregue como material de aprendizaxe nos cursos de formación para árbitros asistentes, de xeito que os colexiados no campo poden adestrar unha experiencia visual con materiais multimedia 3D para mellorar o seu proceso de aprendizaxe.
Para este proxecto o grupo Televisión-Cine: memoria, representación e industria (TECMERIN) da UC3M gravou 500 simulacións de xogadas de fóra de xogo en 3D que empregarán nos cursos de formación de árbitros internacionais, como un exemplo máis de que a estereoscopía pode facilitar unha experiencia visual máis realista que as imaxes 2D.
A FIFA utilizará vídeo en 3D para formar aos seus árbitros
Compartir Este Artigo
