
Menus.es, a única representante galega, é unha plataforma que achega información, decote e actualizada, de menús e cupóns desconto de establecementos de hostaleiría xeolocalizados de toda España. Lembrar que os 41 finalistas son os gañadores autonómicos da categoría emprendesXXI, que recoñece as mellores empresas en fases iniciais (menos de dous anos), sendo as 24 restantes as que conseguiron chegar á final a través da modalidade crecesXXI, que recoñece ás empresas en fase de crecemento (de 2 a 7 anos). Máis da metade dos finalistas pertencen ao sector das novas tecnoloxías da información. Máis en concreto, son 23 as empresas dedicadas ao desenvolvemento de novas ferramentas e aplicacións nos eidos da saúde e da educación. O segundo sector con meirande representación é o industrial, que inclúe proxectos de enxeñaría aeronáutica, enerxías renovables ou investigación en novos materiais. Para La Caixa e ENISA, é importante salientar a boa evolución económica das empresas finalistas, como probas, en si mesmas, de que é posible ir a contrapelo da crise e albiscar futuros en clave positiva. O 90% dos gañadores na categoría de empresas en fase incial xa factura, malia o seu carto percorrido andado, de menos de dous anos, máis de 100.000 euros anuais.
Volvendo a Menus.es, lembrar que é unha proposta empresarial constituída en 2011 que ofrece información actualizada de menús, cupóns de desconto e restaurantes xeolocalizados de toda España a través da plataforma web do mesmo nome. Os usuarios poden acceder a información relativa ao menú de cada restaurante, distancia á que se atopan, prezo do prato, restaurantes concretos ou menús de distinta tipoloxía, entre outras posibilidades. Arestora xa desenvolven o seu labor no seo da empresa trece persoas, tres en Lugo, nove en Coruña e unha en Madrid, estando prevista a incorporación de dúas máis de xeito inmediato, informa a USC.
O servizo galego Menus.es competirá con 40 iniciativas estatais na recta final do Premio Emprendedor XXI
Compartir Este Artigo
