O mes pasado comentamos que un estudo de Kantar Worldpanel indicaba que no mes de maio a proporción de smartphones correspondente aos terminais con Android vendidos no mes de maio en España era do 78,7%, indicando unha posición de liderado que ostenta o sistema operativo promovido por Google é moi sólida, e agora sabemos que no mes de xuño non só se mantivo, senón que reforzouse chegando ao 84,1%, mentres que a súa cota de mercado no mesmo período do ano pasado era só do 41,3%.
O balance interanual destes datos é bastante revelador da evolución que está a vivir o sector, e por fin reflicten o claro declive de Nokia, que ve como ese 40,2% de terminais que vendía o ano pasado quedaron nun 3,4% o pasado mes de xuño, o que o relativo éxito dos terminais da familia Lumia non é quen de compensar (aínda que a situación podería mellorar substancialmente co Windows Phone 8 que chegará a finais de ano).
Apple tamén está a perder cota de mercado, pasando do 5,7% ao 3,2% actual, o que tamén acontece con BlackBerry, que pasa do 9,3% ao 7,2%, datos que temos que entender como relativos, pois a perda de cota de mercado non supón a redución no número de terminais comercializados, pois temos que considerar o feito de que cada vez é máis frecuente adquirir móbiles con acceso á Rede (o que ata hai pouco non era visto como algo habitual).
De todos os xeitos, confírmase que Android domina claramente esta categoría de terminais, en boa medida por saber colocar móbiles en todas as gamas de prezo posibles.
O 84,1% dos smartphones vendidos en España en xuño funcionan con Android
Compartir Este Artigo
