Esta mañá, a tenente de alcalde de Cultura da cidade de A Coruña, Ana Fernández, presentou a nova páxina web do seu departamento, que xa está operativa e facilita a programación dos eventos que se realizan na cidade herculina para facilitar o seu coñecemento por parte do público.
Este espazo en liña busca converterse nunha ferramenta de grande utilidade para os usuarios, que poderán acceder á programación cultural da Coruña organizada dende o Concello e asegurándose que tamén dará conta das achegas de emprendedores culturais. Tamén procurarán redirixir a este novo espazo aos visitantes que consultaban servizos semellantes que o Concello tiña en funcionamento ata o momento.
Durante a presentación da nova páxina web Ana Fernández asegurou que A Coruña conta “coa oferta cultural máis importante e para todos os públicos de Galicia e queremos que chegue a toda a sociedade, é dicir, achegar a cultura á xente, como fixemos dende o primeiro día neste Goberno municipal”.
A Concellería de Cultura da Coruña renova a súa presenza web
Compartir Este Artigo
