Mentres agardamos pola chegada de SmartGlass para Xbox 360 temos xa un achegamento a tales funcionalidades a través da aplicación para iOS My Xbox LIVE, que estaba dispoñible para iPhone e que agora tamén soporta iPad, de xeito, tras identificarse nesta nova ferramenta, poderemos iniciar xogos, reproducir e controlar vídeos e movernos polos menús da Xbox 360 utilizando a pantalla táctil do iPad.
É de agardar que este tipo de funcionalidades cheguen en breve para tablets Android, aínda que cómpre lembrar que cando chegue SmartGlass as funcionalidades dispoñibles serán moi superiores, pois o tablet operará como unha pantalla secundaria que incluso poderá axilizar o uso de moitos xogos evitando interromper as partidas para movernos polos seus menús. A pantalla secundaria tamén poderá amosar información adicional complementaria durante a reprodución multimedia, os xogos e incluso da navegación pola web. Todo un abano de posibilidades dos que podemos ter un pequeno adianto coa aplicación que se actualizou esta mesma semana.
Unha aplicación permite realizar algunhas funcións da Xbox 360 dende o iPad
Compartir Este Artigo
