Exterior do negocio que actualmente ocupa o local no que antes estaba Game Service (que mantén unha actividade semellante)A Asociación Española de Distribuidores e Editores de Software de Entretemento (aDeSe) insiste na súa teima de asegurar que modificar consolas de videoxogos para poder empregar software non oficial é delito en España pese ás moitas sentenzas xudiciais que din xusto o contrario, e desta volta baséanse nunha desestimación dun recurso presentando ante o Xulgado do Penal nº 23 de Madrid ante unha condena de 1 ano de cadea e 2.500 euros de multa por un delito contra a propiedade intelectual “ao piratear videoconsolas” a cada un dos propietarios lo local Game Service, pero o que obvian nas súas declaracións é o feito de que os condenados non se limitaban a instalar modchips en consolas de videoxogos, senón que tiñan un negocio claramente ilegal de venda de videoxogos copiados (na intervención policial que tivo lugar ao seu establecemento en 2004 incautáronse 1.287 copias de videoxogos e equipos informáticos cun total de 12 unidades de gravación). Estamos así ante un caso que dista moitos da mera modificación de videoconsolas, pois os responsables do negocio estaban a lucrarse vendendo copias non autorizadas de xogos de Xbox e PlayStation 2, de aí que este último acto xudicial non parece contradicir as moitas outras sentenzas anteriores nas que as tenda nas que vendían ou instalaban modchips e cartuchos de carga non tiveron que responder antes as acusacións efectuadas pola vía Penal.