Sinofsky foi o encargado de datar a saída comercial de Windows 8A primeiros de mes a vicepresidenta de Microsoft, Tami Reller, confirmou que a primeiros de agosto os fabricantes poderán contar coa versión definitiva de Windows 8 para comezar a integrala nos seus equipos, mentres que o público debería agardar a finais do mes de outubro para poder gozar do novo sistema operativo da compañía de Redmond, e hoxe Steve Sinofsky aproveitou a xuntanza anual de vendas de Microsoft para detallar esta última data, fixando no 26 de outubro a data de lanzamento de Windows 8. Cómpre lembrar que Microsoft muda a súa política de licenzas con esta nova iteración de Windows, permitindo actualizarse a Windows 8 dende Windows XP/Vista/7 por só 39,99 dólares (de adquirir o novo sistema como descarga durante a súa promoción inicial) o que fai que practicamente calquera PC en produción poida optar a esta renovación de software que en ocasións anteriores superaba sobradamente os 100 dólares.