
Como exemplos das melloras dos mapas temos que na Praza de San Marco en Venecia poden verse a canles, edificios tridimensionais e etiquetas detalladas de numerosos puntos de interese, no contorno de Nápoles podemos coñecer os horarios dos ferrys, e de xeito xeral poden verse mellor estradas (máis doadas de distinguir agora das autoestradas) e incluso pode coñecerse a denominación multilingüe de numerosas localizacións.
Pero Google non é a única compañía que actualiza os seus mapas, senón que Microsoft tamén fai o propio, e continúan a mellorar as súas imaxes aéreas de numerosas zonas do mundo en Bing Maps coa incorporación dun total de 215 Terabytes de fotografías que cobren 230.004 quilómetros cadrados que achegan unha visión detallada de Tokío e numerosas cidades de Nova Celandia, Australia, EE.UU. e Europa.
Google e Bing melloran os seus mapas
Compartir Este Artigo
