
Para participar desta iniciativa que responde ao título Onde vas ver os fogos do Apóstolo? só temos que visitar a súa páxina web, identificarnos coa nosa conta de usuario de Facebook e logo movernos por un mapa ata atopar e marcar a localización dende a que veremos os fogos da noite do 24 de xullo, participando de xeito automático no sorteo de 7 navegadores GPS Blusens G01, que dispón con cartografía 2D e 2,5D de TeleAtras e fotografías aéreas 3D de PhotoNav en localidades de máis de 50.000 habitantes.
Os visitantes da páxina web deste concurso tamén poden visitar unha cronoloxía (de Facebook) cos momentos máis importantes da Televisión de Galicia e da Radio Galega. Compra dicir que a retransmisión dos fogos tamén poderá seguirse a través da Rede, converténdose nunha das retransmisións da TVG a través da Internet coa maior demanda de todo o ano.
A CRTVG lanza un concurso en liña ao redor dos fogos do Apóstolo
Compartir Este Artigo
