
Se botamos a vista atrás podemos lembrar que este medio dixital naceu como un complemento do programa da Radio Galega Código (espazo radiofónico do que tomou o relevo o actual Banda Ancha, dirixido tamén por Xosé María Fernández Pazos) que pretendía axudar a superar o atranco de dar enderezos web a través das ondas, e que pasiño a pasiño foi evolucionando adoptando novos contidos como un boletín diario por correo electrónico (actualmente operativo) e un boletín semanal de 4 páxinas en PDF (que evolucionaría no que hoxe é a nosa edición impresa), consolidándose como un medio de referencia na nosa comunidade, tanto por informar sobre tecnoloxía como por optar polo galego como canle vehicular. Grazas a todos os que fixeron iso posible.
Código Cero cumpre 11 anos na web
Compartir Este Artigo
