Ao final o golpe enriba da mesa que deu Movistar ao deixar de subvencionar terminais móbiles para captar a novos clientes estalle a pasar factura (está a perder clientes de xeito notable) e outras compañías que parecía que querían seguir os seus pasos corrixen o rumbo e como exemplo temos xa a Vodafone, que entre o 1 de agosto e o 15 de setembro ten en vigor unha agresiva campaña promocional con subvencións de móbiles de xeito que é posible elixir entre un amplo abano de smartphones a partir de 0 euros en portabilidade ou alta nova (en ambos casos, só de ser a primeira liña en Vodafone).
Como algún exemplo de smartphone a 0 euros teriamos que coa tarifa @M (40 euros/mes) poden conseguirse móbiles como o Nokia Lumia 800 e o Galaxy Nexus, mentres que cunha tarifa @S (32 euros/mes) é posible facerse cun Nexus S, un LG Optimus 3D ou un Sony XPERIA Play, entre outros. Vodafone tamén destaca este mes terminais como o HTC One S, Sony XPERIA P, Samgsung Galaxy Y, Vodafone Smart II, Samsung Galaxy S Advance, HTC Desire C, Sony XPERIA U, Huawei Ascend G300, Nokia Lumia 610, LG Optimus L5, BlackBerry 9360 Curve e Samsung Galaxy Ace.
Vodafone volve a subvencionar móbiles para captar clientes
Compartir Este Artigo
