
Actualmente hai uns 2 millóns de tuits á semana que analizar, para o que Twitter conta co axuda do equipo de análise de datos Topsy e de 2 compañías de especializadas na elaboración de enquisas (The Mellman Group e North Star Opinion Research). Temos así unha análise que vai moito máis aló da suma de mencións ou de seguidores dos candidatos deste ano, senón que entraría no fondo dos contidos do que se comenta para poder ponderar a opinión pública.
En The Twitter Political Index podemos ver tanto a puntuación que ten cada un dos candidatos segundo o sistema desenvolvido para Twitter, como comprobar a súa evolución no tempo nunha gráfica.
Twitter publica un barómetro sobre as eleccións estadounidenses
Compartir Este Artigo
