
Segundo conta Patricia García, presidenta da entidade, os eventos que se programen levaranse a cabo entre os propios asociados galegos e outras comunidades de España. A campaña de AJE Vigo diríxese a sementar claves de recuperación produtiva nun intre “moi crítico para economía española que non se vai amañar só a través das solucións que veñan das administracións, a día hoxe desbordadas ante a situación”. E engade a asociación: “Os empresarios e emprendedores temos que entrar en acción, tamén, e concienciarnos sobre o que de verdade implica ter unha empresa, e prepararnos para afrontar un escenario no que é preciso redobrar esforzos persoais, xa que cada vez será máis difícil acceder a financiamento ou axudas públicas”.
Os eixes da campaña serán os seguintes: innovación, emprendemento e internacionalización.
A asociación informa que o calendario de actividades irase materializando de xeito progresivo, estando xa confirmado, iso si, o devandito obradoiro sobre como pór en marcha novas iniciativas de mercado para o vindeiro 4 de setembro.
AJE Vigo pon en marcha unha campaña para fomentar a innovación e o emprendemento na mocidade galega
Compartir Este Artigo
