LG anunciou hoxe o lanzamento dun novo portal de videoxogos para os seus televisores Smart TV, Game World, que busca anticiparse a unha nova xeración de xogos ocasionais en 3D, ao ofrecer unha sinxela experiencia de busca, compra e reprodución de xogos (tanto 2D como 3D) para os seus televisores intelixentes a través dunha interface de uso moi intuitiva. Moitos dos xogos poden controlase co Magic Remote ou con mandos doutros fabricantes.
Este novo espazo achega unha experiencia de uso simplificada, cunha barra de menús con 4 grandes categorías (destacados, máis populares, novidades e xéneros) que permite un acceso rápido aos contidos. Game World tamén conta cun apartado no que recolle os xogos adquiridos polo usuario e destaca os máis usados, facendo máis rápido e doado o seu acceso.
Esta plataforma de xogos para televisores lanzarase mundialmente en setembro, e xa conta con xogos como Plantas contra Zombis, Shadowgun, Cut The Rope, Frisbee Forevere Air Penguin 3D, que serven de exemplo do que poderemos ver neste novo portal de contidos.
LG presenta un portal de xogos para o televisor
Compartir Este Artigo
