Exterior da Apple Store de MurciaAínda que en Galicia a marca Apple está moi presente a través de Premium Resellers como AS Computer e Play, así como en espazos dedicados en tendas como Media Markt e FNAC, a apertura de 8 tendas oficiais da compañía da mazá mordida en España abriu a pregunta de se veremos tendas de Apple en Galicia, que parece ser respondida positivamente por John Browett, vice presidente senior da división de tendas de Apple, pero detallando que a seguinte apertura española será a de Zaragoza, mentres que as de Bilbao, A Coruña e outras en Madrid quedarían suspendidas temporalmente, ao parecer, ata que mellore a conxuntura económica. Parece así que a posibilidade dunha Apple Store coruñesa vese adiada máis dun ano, e aínda habería que ver se realmente chega a abrirse, pois Apple podería repensar a súa estratexia comercial en vista de que os resultados da súa tenda en liña están a ser mellores que os dos establecementos físicos.