O Samsung Galaxy S III está a bater marcas a nivel mundial ao chegar aos 20 millóns de terminais vendidos en só 100 días, polo que sería o móbil da compañía surcoreana que antes chegaría a vender tal volume en menos tempo , triplicando a velocidade de vendas do Galaxy S II e multiplicando por 6 a do Galaxy S.
Temos así que o Galaxy S III estaría a vender unhas 200.000 unidades ao día, volume realmente impresionante, e que en boa medida é debido á boa acollida que ten este móbil en Europa, onde superamos tanto ao mercado asiático como ao norteamericano. Un dos detalles que contribuíu ao éxito do dispositivo foi que o seu lanzamento nos distintos territorios estiveron pouco distanciados, mentres que con outros dispositivos é habitual que tarden incluso varios meses para saltar de continente.
Tamén resulta rechamante o feito de que o Samsung Galaxy S IIi sexa actualmente o smartphone máis vendido nos EE.UU., superando ao iPhone 4S, o que en boa medida pode entenderse pola proximidade do anuncio do iPhone 5 (que posiblemente vexa a luz o vindeiro día 12).
O Samsung Galaxy S III chega aos 20 millóns de unidades vendidas
Compartir Este Artigo
