
Este proxecto de cooperación artellouse ata o de agora en tres actuacións básicas que van ser presentadas en todo detalle o vindeiro día 20, no Hostal dos Reis Católicos de Compostela: unha guía de boas prácticas, un informe de transferibilidade e máis un informe de recomendacións políticas. Os traballos en cuestión estarán dispoñibles na web do proxecto, www.ispeed.eu, logo da clausura do devandito acto. O encontro vén da man da Secretaría Xeral para o Turismo, que achega a súa experiencia na creación e posta en funcionamento da Central de Reservas de Turismo Rural de Galicia, a través de Turgalicia; ou a ferramenta Comparte Galicia, que a Xunta transferiu do socio polaco do Proxecto.
Segundo informa a Secretaría Xeral, o día anterior á celebración da conferencia terá lugar o Comité de Pilotaxe entre os socios do proxecto. Está previsto que a xornada sexa inaugurada polo director xeral de Turespaña e que conte coa presenza dun membro da Comisión Europea responsable de Proxectos Europeos, así como dos representantes das rexións e países socios que explicarán a súa achega particular ao proxecto, así como que a clausura corra a cargo do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
O proxecto europeo I-Speed dará a coñecer os seus primeiros resultados en Compostela
Compartir Este Artigo
