
A xira vén da man da Asociación de Provedores de Rede, @ASLAN, un colectivo que arestora dá acubillo a máis de 100 empresas de todo o territorio nacional.
O foro de apertura contará con expertos relatores e coa presenza de destacadas empresas do Sector como Microsoft, APC by Schneider Electric, Sophos, Astein, Cambium Networks, MicroBr/Tom Tom, Allied Telesis, Flytech e Codine.
O obxectivo deste evento e dos sucesivos, dirixidos a responsables TIC de empresas públicas e privadas é promover e difundir as principais tendencias tecnolóxicas no mundo IP: virtualización, comunicacións unificadas, seguridade, centros de datos…, e converxencia dixital sobre a rede. Tocaranse, pois, cuestións de importancia para o futuro da Sociedade da Coñecemento, en relación ao mundo e tamén á posición da nosa terra nel, como por exemplo computación na nube, mobilidade, tecnoloxía Wi-Fi 4G, virtualización, BYOD, WLAN, comunicacións unificadas en Cloud, etc.
A xira prolongarase ata principios de novembro sendo as seguintes das súas paradas: Barcelona, 4 de outubro; Sevilla, 10 de outubro; Valencia, 17 de outubro; e por último, Bilbo, 7 de novembro.
O Tour Tecnolóxico @asLAN centrarase durante estes meses en difundir e impulsar no mercado estas tecnoloxías relacionadas coa converxencia dixital sobre a Rede, ademais de ofrecer a oportunidade de actualizar coñecementos e identificar tendencias de futuro: SmartEnergy, IOT, Consumerización, etcétera.
O COETG-AETG colabora na xira de @ASLAN que comeza o día 19 na Coruña
Compartir Este Artigo
