Mar Pereira comunicou a Calvo-Sotelo os plans da Xunta en materia tecnolóxicaAs dependencias da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) acolleu esta mañá unha xuntanza de traballo entre o secretario de Estado de Telecomunicacións e Sociedade da Información, Víctor Calvo-Sotelo, e a directora da AMTEGA, Mar Pereira, na que analizaron os avances da estratexia tecnolóxica global da Xunta de Galicia e as liñas de colaboración nesta material entre as administracións autonómica e estatal. Aproveitando a visita ás novas instalacións, Víctor Calvo-Sotelo puido percorrer as nova sede da AMTEGA, na que traballan preto de 100 tecnólogos dos 286 integrados no organismo, e o Centro de Proceso de Datos Integral (CPDI) que entrou en funcionamento a semana pasada. Víctor Calvo-Sotelo visitou as novas instalacións da AMTEGA no GaiásMar Pereira explicou ao responsable estatal a importancia desta plataforma tecnolóxica de altas prestacións, que permitirá ofrecer mellores servizos a menor custo, que cando estea a funcionar a pleno rendemento suporá un aforro anual de 3 millóns de euros. Entre as funcións que facilitará o CPDI está a interoperabilidade, ou sexa, o intercambio de información e documentos entre administracións, de xeito que a comunicación entre os servizos dixitais dos concellos galegos e os do Estado recibirá un pulo.