Bubok, a plataforma de autopublicación de libros, comezou esta semana cunha novidade de interese para autores e para lectores. Máis polo miúdo, os responsables do servizo poñen en marcha BubokWriter, unha ferramenta de balde que permite crear. “de xeito doado e cómodo”, libros electrónicos en formato ePub, que é o formato estándar que se adapta aos diferentes tamaños das pantallas do amplo abano de lectores de e-books que hai arestora no mercado (iPad, iPhone, Kindle ou Papyre, entre outros).
Esta aplicación posibilita escribir “directamente o libro na propia plataforma web, como un editor de texto calquera, onde tamén podemos engadir imaxes ou importar textos dende un arquivo Word”. Ao rematar o libro, a plataforma permite publicalo e vendelo a través de Bubok. Polo tanto, a gran novidade é que a partir de agora os escritores poden publicar obras non só en formato PDF, senón tamén en ePub “ampliando deste xeito as posibilidades de lectura”.
Bubok lanza un editor de balde de libros electrónicos
Compartir Este Artigo
