A pouca calidade da aplicación de mapas incluída no iOS 6 levou a moitos usuarios de dispositivos móbiles de Apple a desexar a volta da aplicación de Google Maps, que ao igual que fixo a de YouTube, podería chegar a través da App Store, pero parece que iso non vai acontecer a curto prazo se atendemos a declaracións do máximo responsable de Google, Eric Schmidt, que asegura que aínda non moveron ficha ao respecto, aínda que recoñeceu que preferiría que Apple non tivera substituído a súa aplicación de mapas por outra peor.
Durante a presentación do tablet Nexus 7 en Tokío, Schmidt fixo moitos outros comentarios interesantes, como que dende Google continúan a estar interesados en manter a Apple como socios (o propio Schmidt formou parte do cadro directivo de Apple durante varios anos). Tamén resultou realmente incisivo ao destacar o modelo de negocio de Android, que levou a esta plataforma a superar os 500 millóns de usuarios a nivel mundial, engadindo que “Apple é a excepción, e o sistema de Android é o modelo habitual, polo que a nosa cota de mercado é moi superior” o que parece estar a ser ignorado polos medios de comunicación “obsesionados polos eventos de marketing de Apple e a súa marca”.
Eric Schmidt asegura que aínda non moveron ficha para devolver Google Maps a iOS
Compartir Este Artigo
