
Os proxectos que se financian son iniciativas con clara potencialidade de convertérense en realidade e xerar beneficios propios e xerais. En palabras da Secretaría, son proxectos “de desenvolvemento experimental con solucións próximas ao mercado”. Artéllanse nas seguintes áreas temáticas e tipos:
· Internet do futuro
· Sistemas e dispositivos
· Solucións TIC para a empresa
· Seguridade
· Saúde e benestar social
· Administración pública
· Proxectos de ámbito internacional
O número de beneficiarios incluídos nos 262 proxectos financiados nestas áreas temáticas foron 411 entidades das que 208 constitúen pequenas empresas, que supoñen unha porcentaxe do 50,6; 102 medianas empresas, que representa o 24,8 % e 83 grandes empresas, cifra que anda a rentes do 20% del total. En conxunto, as PEME beneficiadas son máis do 75% dos receptores de axudas.
Industria achega 233,6 millóns en axudas para proxectos TIC innovadores, sobre todo das PEME
Compartir Este Artigo
