Hai anos dicíase que o importante é estarmos na Rede. Agora constatouse que o devandito, a presenza en liña, non abonda. Cómpre facer que esa presenza en liña sexa rendible empregando as canles e servizos dispoñibles. Segundo nos conta o consultor galego Lolo Rey, esas canles e servizos deberán dirixirse a integrar a nosa iniciativa-empresa nunha estratexia de 360º (web-redes sociais-móbiles-soportes físicos), “e para isto son precisos profesionais ben formados nesta nova economía”. Con este obxectivo, Lolo Rey e a consultora con sede en Lalín A&M Quality, están a orientar os seus cursos bonificables de marketing en liña cara os que consideran os dous sectores estratéxicos galegos con máis demanda destes profesionais: o turismo-hostaleiría e o sector audiovisual.
Estas son as actividades formativas que están a presentar:
– Técnico superior community management.
– Curso técnico superior en xestión de blog + Web 2.0 con WordPress 3.1 profesional.
– Técnico superior en xestión de campañas de publicidade online con Google AdWords.
– Curso experto en marketing on line e posicionamento web.
– Curso técnico superior en marketing dixital, redes sociais e web 2.0.
A formación en marketing en liña destes cursos virá da man de Lolo Rey, que salienta que as actividades formativas teñen especial potencial para a capacitación dos futuros responsables dos novos departamentos de comunicación 2.0 das empresas dos eidos do turismo e o audiovisual, onde terán a oportunidade de despregar “unha ampla visión dos conceptos de promoción dixital, as súas posibilidades e a súa rendibilidade”, informa.
As accións formativas serán bonificables pola Fundación Tripartita.
A&M Quality e Lolo Rey achegan formación bonificable para os nosos vindeiros profesionais dixitais
Compartir Este Artigo
