
A primeira reportaxe, emitida por primeira vez a 10 días do falecemento de Jobs baixo o título de iGenius: How Steve Jobs Changed the World, conta con Adam Savage e Jamie Heyman (Cazadores de Mitos) como presentadores de excepción, achegando numerosos testemuños sobre a figura do co fundador de Apple, entre os que hai figuras dos primeiros tempos de Apple, xornalistas e incluso integrantes do sector cultural, pois o impacto de Apple nos últimos anos sobre o mundo foi transversal, indo moito máis aló do sector TIC, especialmente tras o lanzamento do iPod, que desencadeou todo un fenómeno no que reprodutores multimedia portátiles, smartphones e tablets convertéronse en obxectos cotiáns. Precisamente por iso, Discovery Max optou por pechar a noite con Revolución iPod, reportaxe na que renden tributo ao reprodutor multimedia de Apple, que marcou unha xeración como no seu día fixeron o CD ou o Walkman.

Vídeo sobre a nova figura de cera de Steve Jobs publicado en M.I.C. Gadget
Discovery Max emite esta noite un documental sobre Steve Jobs
Compartir Este Artigo
