Para permitir un achegamento de primeira man á tecnoloxía MDM (Xestión de Dispositivos Móbiles) e NFC ás 9:30 horas terán lugar este mércores no Hotel Nagari de Vigo e o 4 de outubro no Hotel Carrís de Marineda unhas xornadas informativas organizadas por Vodafone e a compañía viguesa Ayco, pioneira na aplicación da tecnoloxía NFC na xestión diaria das empresas.
As etiquetas NFC están a permitir que as compañías poidan identificar usuarios coma se fose un sistema de xestión de presenza daquelas persoas que traballan a distancia e envían información automática con só achegar o móbil a estes elementos sen fíos de curto alcance, de xeito que conséguense optimizar os tempos de resposta, intercambiar información relevante, enviar avisos de chegada ao lugar de traballo… só con combinar o uso de etiquetas NFC e un smartphone co NFC integrado.

Ayco e Vodafone ilustrarán aos empresarios galegos sobre as vantaxes do uso de MDM e NFC
Compartir Este Artigo
