
As xornadas, que veñen da man da Universidade de Vigo (co profesor Ignacio Armesto como principal impulsor, tanto das anteriores como desta convocatoria actual, a quinta), oriéntanse a todo tipo de perfís ligados á automatización. Unha das súas finalidades é tirar abaixo os atrancos posibles de interacción universidade-empresa, cun programa de 30 horas de conferencias nas que “se abordarán temas relacionados coa enerxía eólica, a eficiencia enerxética, a xestión de versións en programas de control industrial ou as máquinas do futuro, sempre dende a máxima actualidade xa que iso é o que esperta o interese do público”, indica o profesor José Ignacio Armesto, coordinador das xornadas.
Desta volta, cóntase coa participación de institucións do talle de Siemens, Omron, Phoenix, Ence ou PSA Peugeot Citroën, que achegarán a realidade empresarial aos asistentes dun xeito profesional.
As xornadas terán lugar entre o 12 e o 16 de novembro no Centro Social Novacaixagalicia e pódense seguir de forma presencial ou virtual, xa sexa en directo ou en diferido a través da plataforma de Uvigo-tv. Os interesados en participar poderán realizar á matrícula a través de Bubela seguindo os pasos alí indicados, en función de se son estudantes da Universidade ou profesionais.
As máquinas do futuro, ao detalle nas Xornadas de Automatización Industrial de Vigo
Compartir Este Artigo
