Imosver.com, o portal galego para a venda de libros e artigos de lecer con alcance cen por cen internacional, vén de informar da incorporación ao seu catálogo, dende este mes de outubro, de libros electrónicos (ebooks). A aposta dos responsables da web por este tipo de formatos dixitais, versións electrónicas dos libros en papel, vén dada sobre todo polo seguinte: pola súa capacidade de crecemento no mercado e sobre todo polas facilidades de uso e acceso que poñen ao alcance dos lectores, que gastarán menos, aforrarán en esperas e gastos de envío e poderán carretar a onde queiran, un número ilimitado de obras.
Dende Imosver.com sinalan que as condicións de compra de ebooks a través do portal son especialmente vantaxosas para os internautas, xa que é posible facelo de “xeito rápido e sinxelo, buscando o título que desexemos atopar entre o gran catálogo de libros electrónicos de Imosver e tirando o máximo proveito das mellores ofertas e novidades”.
Como lembraremos, Imosver.com presentouse o pasado verán, dende Pontevedra, con máis de 500.000 referencias de libros e artigos de papelería, agasallo e lecer e unha arela de eficacia e axilidade para conseguir, entre outras cousas, que o usuario que merque no portal, repita. A maiores, Imosver.com, sinalaron daquela os seus responsables, nútrese dunha infraestrutura especialmente sólida e firme e dun stock constituído por máis de dous millóns de artigos a disposición, vía servizo exprés en 24 horas, de tódolos habitantes de España e Portugal (Península).
Imosver.com lánzase a venda de libros electrónicos
Compartir Este Artigo
