
Se facemos un contraste histórico dos tipos de usuarios que están a incorporarse a Facebook vemos que actualmente a media de idade é de 22 anos, os países máis activos serían a Brasil, a India, Indonesia, México e EE.UU. e o número de usuarios móbiles do servizo serían de 600 millóns, o que dista moito dos resultados de xaneiro 2006, cando Facebook chegou aos 25 millóns de usuarios activos, cando os novos usuarios tiñan unha idade media de 19 anos, os países máis activos eran Australia, Canadá, Alemaña, Reino Unido e EE.UU. Tamén pode percibirse que os usuarios con máis antigüidade no servizo tamén parecen ser os máis activos, pois incorporados en 2006 teñen unha media de 598 amizades en Facebook, mentres que nos anos sucesivos tal cantidade quedou en pouco máis de 300. Datos interesantes que son un reflexo da evolución xeral dos internautas a nivel mundial.
Facebook supera os 1.000 millóns de usuarios activos
Compartir Este Artigo
