
Máis polo miúdo, o que se pretende é “humanizar as relacións humanas entre emprendedores e empresarios de diferentes pólas, xa que como indican os profesionais do coaching, as relacións entre as persoas xéranse por confianza”.
O ciclo de networking de Open Your Mind, do que forma parte a xornada galega deste xoves, vén da man da Escola Inventa (escola profesional de vendas, especializada na obtención de resultados comerciais) e o Grupo Affines (especializada en consultoría e en asesoramento e formación). En tarefas de patrocinio atópanse Grafinova Artes Gráficas e a empresa galega de novas tecnoloxías AVA Solucións Tecnolóxicas. Amais destas xeiras de encontros, Open Your Mind acubilla xa o desenvolvemento de recursos de interese para as empresas, como unha bolsa de emprego, un banco de tempo e relatorios sobre diferentes temáticas como adestramento profesional e valorización do labor comercial. A idea que se lanza é a seguinte: pódese emprender no medio da crise e ter éxito. A fórmula pasa pola innovación, a colaboración, o optimismo e a aposta firme a prol do coñecemento.
Sinalar por último os encontros de Open Your Mind non só medran con cada nova cita en número de participantes senón tamén en sectores representados: aforro enerxético, formación, solucións tecnolóxicas (TIC), investigación, seguros, enxeñaría ambiental, imprenta, importación, telecomunicacións, aplicacións informáticas, promoción no mercado, organización de eventos, restauración ou marketing, entre outros. O ciclo tivo a súa orixe no compromiso pola innovación e o emprendemento de varios profesionais e empresas do Viveiro de Empresas de Costa Vella, en Santiago. Cómpre salientar, como promotores principais e primeiros da iniciativa, ao Grupo Affines, a Escola Inventa e a Villamarín Profesional Group.
Máis de 70 profesionais participan na nova xornada do movemento emprendedor Open Your Mind
Compartir Este Artigo
