A Asociación Española da Estrada (AEC) presentou esta semana unha nova feitura web, logo de máis de quince anos na Internet, dando conta de novidades sobre as estradas estatais e internacionais, desenvolvemento viario, seguridade, eficacia na condución ou mobilidade. A idea é seguir dando máis do mesmo, pero atendendo aos avances dixitais do presente-futuro e facendo fincapé nunha actualización continua dos contidos e procesos achegados. Estamos pois ante unha transformación máis substancial de todas as que se teñen levado no seo da páxina, e ao longo de dezaseis anos de traxectoria (toda unha vida a nivel dixital), foron unhas cantas.
A renovación inclúe un cambio na linguaxe de programación, informa a asociación, o que fixo posible “unha web na que prevalece a interactividade e a incorporación de contidos multimedia, así como a integración de tódolos seus espazos nos perfís que a entidade ten nas redes sociais”. Asemade, fíxose fincapé no cambio de deseño, que salienta non só polo coidado posto nas cores empregadas, senón porque en virtude dos cambios artellouse unha disposición dos contidos “máis racional e intuitiva”, sinala a asociación. Asemade, aos contidos habituais engadíronse informacións e documentos. Por último, cómpre salientar a vocación multilingüe da páxina, que se achega en sete idiomas: inglés, francés, alemán, italiano, portugués, ruso e español.
A Asociación Española da Estrada renova a súa imaxe web
Compartir Este Artigo
