O vindeiro día 26 sairá oficialmente o novo sistema operativo de Microsoft para ordenadores e tablets, o Windows 8, e para ir quecendo motores dende a compañía de Redmond veñen de publicar o que será o seu primeiro anuncio televisivo do produto que promete revolucionar o mundo da informática ao conseguir un rendemento aínda mellor que o de Windows 7 á vez que engade unha interface de usuario optimizada para un control táctil e cunha aparencia moi minimalista que pode mudar o xeito de ver os ordenadores durante os vindeiros anos.
Primeiro anuncio televisivo de Windows 8
Microsoft deberá agora afrontar o reto de superar a iOS e a Android no mercado dos tablets, o que pretende facer apostando por equipos versátiles, capaz de servir para o consumo de contidos multimedia e como ferramentas de produtividade, xuntando universos que ata o momento estaban relativamente separados. Pero a cousa non se limita a colocar os produtos no mercado, senón tamén na súa promoción, e parece que desta volta Microsoft non quere quedar curta, e a compañía prepara un investimento en marketing de entre 1.500 e 1.800 millóns de dólares, aproximadamente o 1% da caixa de Microsoft, para conseguir que o público saiba que tras os cambios de aparencia do novo Windows segue a estar o sistema operativo de sempre.
Microsoft tamén lanzará o Surface xunto con Windows 8, que estará enmarcado na mesma campaña publicitaria, de xeito que o público terá aínda máis presente a fusión entre tablet e ordenador que permitirá Windows 8, facendo tamén certos acenos a Windows Phone 8, de xeito que os servizos da compañía de Steve Ballmer estarán presentes de xeito ubicuo, gañando en presenza e potencial.
Windows 8 amosa o seu primeiro anuncio televisivo
Compartir Este Artigo
