
O obxectivo do encontro é achegar á sociedade galega o traballo que está a desenvolver AXIGA para “converterse no referente asociativo e nexo de unión entre todos os profesionais da innovación”.
Contarase, explican dende o colectivo, “coa participación de representantes da Axencia Galega de Innovación e do Concello de Santiago e haberá dous casos de éxito de asociados á AXIGA que realizan o seu labor no sector das novas tecnoloxías da información e no eido do emprendemento” (as devanditas experiencias en innovación de Ednon e Qualinnova).
A axenda do evento é a seguinte:
17:50 h – Rexistro de asistentes.
18:00 h – Apertura da xornada.
Representante da GAIN (Axencia Galega de Innovación).
Francisco Javier Noya Iglesias, Concelleiro delegado de Relacións Institucionais, Participación Cidadá,
Centros Socioculturais e Festas do Concello de Santiago de Compostela
Ángel Pereira Rodríguez, Presidente de AXIGA.
18:05 h – Presentación de AXIGA.
Ángel Pereira Rodríguez, Presidente de AXIGA.
Representantes da Xunta Directiva de AXIGA.
18:20 h – A Innovación a análise.
Víctor Ramón Piñeiro, Representante da Xunta Directiva de AXIGA.
18:40 h – Caso de éxito I: Emprendemento -Qualinnova-.
María Montero Fernández, Innovation Manager en Qualinnova Consulting S.L.
Noela Burés Grandio, Directora Financeira e de Estratexia en Qualinnova Consulting S.L.
19:05 h – Caso de éxito II: Empresa TIC -EDNON-.
Iria Coello Alonso, Xestora de Innovación en EDNON.
19:30 h – Quenda de intervencións.
19:35 h – Clausura.
Representantes da Xunta Directiva de AXIGA.
19:40 h – Networking. “Petiscos para a Innovación”.
A Asociación de Xestores de Innovación presenta liñas estratéxicas e primeiros casos de éxito o día 30 en Santiago
Compartir Este Artigo
