
Windows 8 supón unha reinvención de Windows, cunha nova interface de uso atractiva e centrada no usuario, que busca tamén adaptarse aos novos dispositivos e estréase cun impresionante soporte de hardware e co apoio de moitos fabricantes, como poderemos comprobar nos vindeiros días nas tendas de informática e centros comerciais que encheranse de novos equipos con Windows 8.
Vídeo promocional do lanzamento de Windows 8

A chegada de Windows 8 é o meirande lanzamento de Microsoft dende Windows 95, e vai chegar a máis de 140 mercados en 37 idiomas, podendo adquirirse como Windows 8 (versión normal), Windows 8 Pro (versión para empresas), Windows 8 Enterprise (para compras por volume) e Windows RT (para dispositivos con procesadores ARM). Será posible atopalo en formato físico en numerosos establecementos, pero para moitos resultará máis atractivo mercalo vía web, para o que Microsoft xa ten en liña unha páxina web dende a que facer esta adquisición por 29,99 euros (se temos unha copia de Windows XP/Vista/7), oferta que manterán ata o 31 de xaneiro de 2013; mentres que os usuarios que mercasen un equipo con Windows 7 a partires do pasado 2 de xuño tamén poderán acceder a unha promoción que facilítalles a actualización a Windows 8 Pro por só 14,99 euros.
Para poder instalar Windows 8 precisaremos dun ordenador que como mínimo vaia a 1 GHz, con 1 Gb de RAM (para a versión de 32 bits) ou 2 Gb de RAM (para a versión de 64 bits), 16 Gb de disco libre (32 bits) ou 20 Gb libres (64 bits) e cunha gráfica compatible con DirectX 9. Estas especificación detállanse na páxina web de Microsoft, pois certas características do sistema tamén dependen de detalles como a resolución de pantalla, a tecnoloxía que empregue a placa base do noso ordenador ou o acceso á Internet, aínda que por regra xeral podiamos dicir que Windows 8 funciona en boa parte dos equipos que actualmente funcionan con Windows XP e na práctica totalidade de ordenadores que se venderon no seu día con Windows Vista ou Windows 7.
Windows 8 en España
O lanzamento de Windows 8 en España tamén se oficializou nun
acto
que tivo lugar en Madrid coa participación de María Garaña, presidenta de
Microsoft España, quen asegurou que Windows 8 estará “dispoñible en calquera dispositivo, xa sexa un tablet ou nun portátil;
para tarefas que cada usuario precise, ben para consumir ou crear contidos; e
independentemente de se nos atopamos nun contorno de lecer ou de traballo.
Windows 8 presenta unha experiencia personalizada que se adapta ao estilo e
necesidades de cada persoa”.
Neste evento confirmouse que entre Windows 8 estará dispoñible dende o venres
nas principais tendas e distribuidores do Estado, incluíndo a Media Markt, El
Corte Inglés e tendas FNAC, así como a través da Internet.
