Google lanzou un novo sistema de buscas personalizadas chamado Google Co-op, que permite crear un buscador adaptado que pode presentar resultados exclusivos dunha listaxe de webs determinadas (ou darlle prioridade ás mesmas) o que facilitaría crear buscadores temáticos adaptados ás necesidades dos usuarios, de xeito que se poden definir distintos perfiles de distintos para cada usuario e que se integran co servizo de Google Adsense, de xeito que un usuario pode crear un buscador e compartir os seus ingresos publicitarios con Google, polo que a creación de certas personalizacións poderían achegar rendementos económicos para o seu autor.
Ademais, esta nova ferramenta pode ser especialmente interesante para os blogueiros, que poderían empregala coma buscador interno, sen ter que limitar as buscas só ó seu blog, co engadido de poder producir ingresos de xeito doado.
Google permite crear buscadores personalizados
Compartir Este Artigo

