As entidades de xestión de dereitos de autor tanto musicais coma cinematográficos nos EE.UU. demandaron en maio de 2005 ó propietario da web Elitetorrents.org por facilitar o intercambio de ficheiros protexidos por dereitos de autor, entre os que se atopaba a nova película se Star Wars (A Vinganza dos Sith) que se estaba a estrear nos cines naquelas datas, polo que acadaron o peche do portal naquel momento e agora xa se coñece a resolución do caso, polo que o administrador de EliteTorrents.org, Grant Stanley (de 23 anos) terá que facer fronte a 5 meses na cadea e outros 5 de arresto domiciliario, así coma ó pagamento de 3.000 dólares de multa, converténdose no primeiro estadounidense en pasar pola cadea por un delito relacionado coa rede P2P BitTorrent.
En decembro coñecerase tamén a resolución da causa de Scott McCausland, outro dos responsables da mesma web, aínda que se agarda unha sentenza case idéntica (xa que se lle imputan os mesmos delitos).
5 meses de cadea para un dos administradores de EliteTorrents.org
Compartir Este Artigo

