As polémicas baterías explosivas de Sony resístense a saír da actualidade diaria, e agora apareceu un primeiro portátil de Fujitsu en provocar un incidente que se saldou cunha ferida leve nunha man por parte do seu usuario xaponés, polo que sería o primeiro caso relacionado con Fujitsu (empresa que retiraría unhas 338.000 baterías defectuosas).
Ata o momento estímase que hai uns 9,8 millóns de baterías defectuosas cos coñecidos problemas de sobrequecemento e perigo de explosión, que afectaron principalmente a fabricantes de portátiles coma Dell e Apple, aínda que tamén afectou a Lenovo e Fujitsu. Un nefasto precedente para os controis de calidade nos equipos informáticos (posto que moitas das baterías levaban máis dun ano no mercado).
Un portátil de Fujitsu queima a man do seu usuario por mor da súa batería defectuosa
Compartir Este Artigo

