Microsoft anunciou que o seu novo paquete ofimático, o Office 2007, se poderá achegar de balde a partires do vindeiro día 1 de decembro, de xeito que se poderán probar as súas novas prestacións durante 60 días, aínda que esta versión só a poderá achegar polo momento os usuarios norteamericanos e na versión inglesa do programa.
Rematado o período de proba, os programas integrados no Office 2007 continuarán a poder ler e imprimir os arquivos existentes, pero perderán funcionalidades básicas como a creación ou modificación de arquivos, polo que habería que mercar os programas para continuar a facer un uso funcional dos mesmos.
Office 2007 estará dispoñible en versión 4 versións diferentes, segundo os programas incluídos, de xeito que todas inclúen o procesador de textos Word, a programa de follas de cálculo Excel, o programa de presentacións PowerPoint e o Outlook.
O 1 de decembro sairá unha versión de proba en inglés do Office 2007
Compartir Este Artigo

