O Seminario de Estudios de Seguridade e Defensa USC-CESEDEN, celebra en Santiago de Compostela a segunda convocatoria do Congreso Seguridade Defensa e Internet. O evento desenvolverase os días 22, 23 e 24 de novembro no salón de graos da Facultade de Dereito e con el a organización pretende levar a cabo unha compresión global da interación entre as categorías de seguridade, defensa e Internet.
Este congreso de carácter bianual inclúe no seu programa intervencións de expertos dende un punto de vista xurídico, informático, politolóxico, xeoestratéxico, polemolóxico e sociolóxico.
O principal obxectivo desta actividade é abordar a actualidade imperante no ámbito da seguridade e a defensa arredor das novas tecnoloxías, mediante unha análise levada a cabo por expertos de recoñecido prestixio das forzas e corpos de seguridade do Estado (Garda Civil e Policía Nacional), das Comunidades Autónomas (Ertzaintza, Mossos d´Esquadra), do Ministerio de Defensa (INTA) ou da OTAN e por expertos profesores universitarios. A inauguración será o vindeiro mércores 22 de novembro ás 10 horas.
Santiago acolle o segundo Congreso Seguridade Defensa e Internet.
Compartir Este Artigo

