Os vindeiros días 21, 22 e 23 de novembro deste ano 2007 terá lugar en Madrid o cuarto Congreso sobre Comunicación Social da Ciencia Cultura Científica e Cultura Democrática, organizado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).
Xurdido como foro de debate e reflexión sobre a divulgación da ciencia e a tecnoloxía na sociedade, este congreso enmárcase dentro das actividades previstas para a celebración do Centenario da Xunta para Ampliación de Estudos e Investigacións Científicas (JAE) e do Ano da Ciencia, e ten como finalidade incidir na cultura científica como compoñente indispensable na formación dos cidadáns nunha sociedade tecnoloxicamente desenvolvida.
Os dous eixos fundamentais sobre os que xirarán os relatorios serán “os enfoques e políticas” e “os axentes e escenarios”, nos que se terán en conta os actores e os instrumentos da comunicación social da ciencia.
O CSIC e o FECYT organizan o cuarto Congreso sobre Comunicación Social da Ciencia
Compartir Este Artigo

