O Ateneo ourensán acolleu esta pasada din de semana a constitución da Plataforma para o Estudo e Difusión do Entroido, integrada por colectivos de Xinzo, Verín, Laza, Viana do Bolo, A Gudiña, Vilariño de Conso e Ourense. A Plataforma xorde cos obxectivos de afondar nos símbolos e ritos do Entroido e contribuír a preservalos, amais de loitar a prol do desenvolvemento dunha oferta cultural acorde co valor etnográfico dos festexos.
Emporiso, entre as moitas actividades que se van pór en marcha cómpre salientar que se terá en conta o valor de difusión do coñecemento das novas tecnoloxías. Así, a entidade creará un arquivo dixital e un centro de interpretación virtual destas festividades e dos seus aspectos culturais. Máis datos na Voz.
O Entroido ourensán contará cun centro de interpretación virtual
Compartir Este Artigo

