Academia Postal, en colaboración coa Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia e en seguimento co Plan de Formación Profesional Continua (Forintel 2006) ofrecerá unha serie de cursos (totalmente de balde) dirixidos a traballadores en activo dos sectores das artes gráficas, da informática e da comunicación.
O primeiro curso de formación, Xestión Integrada SP PYME PLUS, celebrarase a partir do vindeiro 19 de marzo en Santiago de Compostela. Terá unha duración de 80 horas e estará dividido en tres módulos, nos que se verán o SP Contaplús, o SP Nominaplús e o SP Facturaplús.
Por outra banda, o cursiño Maquetación con QuarkXpress Ed.3 comezará o 9 de abril e impartirase nun total de 35 horas.
Ámbolos dous teñen a matrícula limitada a 15 alumnos e son de modalidade presencial.
Academia Postal ofrece cursos de balde para traballadores en activo do sector das artes gráficas
Compartir Este Artigo

