Yahoo vén de adaptar o seu servizo de mensaxería instantánea para a web,
de xeito que os usuarios que queiran achegarse ó mesmo non precisarán da
instalación da aplicación informática correspondente, podendo
establecer comunicación con usuarios de Yahoo Messenger e Windows Live
Messenger dende o navegador web, así coma organizar as mensaxes instantáneas
en pestanas, facer uso de emoticonas, fontes e cores e, en definitiva, emular a
aparencia da aplicación informática tradicional, pero funcionando en case
calquera navegador de Internet (Explorer, Firefox, Safari e Opera) e sistema
operativo.
O Yahoo Messenger estrea versión web
Compartir Este Artigo

