
Sinalar que o Centro Social Novacaixagalicia acolle estes días a nova edición das JAI, as Xornadas de Automatización Industrial, nas que colabora de xeito directo o centro galego.
Segundo avanzan fontes de Gradiant, o sistema automático de cálculo de persoas, proxecto interno do centro galego de I+D, está baseado nun sensor de profundidade. Trátase do mesmo sensor que emprega o Kinect, que na súa orixe desenvolveuse para xogar á videoconsola Xbox. “Este tipo de sensores”, explican, “fornecen imaxes con información da distancia á que se atopan os obxectos presentes na escena”. O sistema que usa Gradiant é un sensor de fondura que xera visualizacións das persoas que pasan baixo o seu eido de visión, a través de infravermellos e determinando cales son as rexións da imaxe que se corresponden coas cabezas desas persoas, para facer desta maneira o cómputo.
Como avanzamos, unha das moitas aplicacións posibles desta tecnoloxía céntrase no eido da seguridade en edificios e recintos, achegándose moita máis fiabilidade ca no caso das cámaras de tipo convencional, xa que con estes novos recursos, a través dos sensores incluídos, os cambios na iluminación teñen menor incidencia, ao igual que a falta de luz (funcionan na escuridade). “O sistema”, informa Gradiant, podería empregarse “nun transporte público para realizar o cálculo de pasaxeiros que se baixan nunha determinada parada de metro; pudendo usarse a información obtida para deseñar mellores rutas ou optimizar os servizos dispoñibles”. Tamén amosa especial potencialidade para computar as persoas que entran ou saen dun local ou centro comercial, dun edificio público, etc. En base a iso, poderían determinarse as horas de meirande fluxo e procurar os horarios máis axeitados para ese pico na afluencia de persoas.
Gradiant amosa en Vigo as potencialidades do seu sistema para contabilizar persoas de xeito automático
Compartir Este Artigo
